Adiós ríos, adiós fontes

Amancio Prada, Claustro de San Benito, Valladolid, 5 de julio de 2007

Rosalía de Castro, Adiós ríos, adiós fontes (Cantares Gallegos, 1863)

 

Adiós, ríos; adios, fontes
adios, regatos pequenos
adios, vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos.

 

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei.

 

Prados, ríos, arboredas
pinares que move o vento
paxariños piadores
casiña do meu contento.

 

Muíño dos castañares
noites craras de luar
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar.

 

Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor
camiñiños antre o millo
¡adios, para sempre adios !

 

¡ Adios groria ! ¡ Adios contento !
¡ Deixo a casa onde nacín
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin !

 

Deixo amigos por estraños
deixo a veiga polo mar
deixo, en fin, canto ben quero...
¡ Quen pudera non deixar !...

 

Mais son probe e, ¡ mal pecado !
a miña terra n'e miña
que hasta lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

 

Téñovos, pois, que deixar
hortiña que tanto amei
fogueiriña do meu lar
arboriños que prantei
fontiña do cabañar.

 

Adios, adios, que me vou
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou
herbiñas que biquei tanto
terriña que nos criou.

 

Adiós, Virxe da Asunción
branca como un serafín
lévovos no corazón
pedídelle a Dios por min
miña Virxe da Asunción.

 

Xa se oien loxe, moi lonxe
as campanas do Pomar
para min, ¡ ai ! coitadiño
nunca máis han de tocar.

 

Xa se oien loxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor
voume solio, sin arrimo...
Miña terra, ¡ adios !, ¡ adios !

 

¡ Adios tamén, queridiña !...
¡ Adios por sempre quizais !...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.

 

Non me olvides, queridiña
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡ Miña casiña !, ¡ meu lar !

 

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Retour à l'accueil
Partager cet article
Repost0
Pour être informé des derniers articles, inscrivez vous :
Commenter cet article